O Museo do Gravado de Artes fixo entrega dos Premios Atlante de Gravado

09 Setembro 2023

O Museo do Gravado de Artes, gañador do premio Barbantia da Cultura 2022, fixo entrega hoxe dos Premios Atlante de gravado. Un acto con sona internacional no que puidemos gozar das marabillosas obras participantes.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, agradeceu hoxe ao Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira a súa contribución por divulgar e premiar o bo facer no mundo da arte, tanto dentro como fóra de Galicia, e consolidar a Comunidade como referente internacional desta disciplina.
Así o manifestou durante a entrega do XVI edición do Premio Atlante de Gravado, un dos galardóns máis reputados neste eido, que conta co apoio da Xunta de Galicia e que nesta edición contou coa participación de candidatos de ata 20 países.
O Premio Ramiro Carregal Rey, a principal categoría, recaeu nesta edición no artista tailandés Prakarn Jantaravichit. No resto de categorías, o Premio Atlante entregouse a Carmen Isasi, Federica Bau e Marcos Poma, mentres que o Atlante Galicia Pedras de Santiago foi para Carola Bouza. As mencións de honra foron para Raquel Hernández Izquierdo, Fabio Riaudo, Floki Gauvry, Antía Iglesias Fernández e Nuria Pena.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse ao “bo momento” deste recoñecemento que, nos seus 16 anos de historia, “ten concitado un enorme interese de artistas de todo o mundo” como constata, por exemplo, que só neste ano se recibisen estampas procedentes de lugares como Italia, Arxentina, Polonia, Irán, Canadá, Israel, Taiwán, México, Rusia ou Xapón, ademais de España.
“Iniciativas como esta contribúen a divulgar a importancia do gravado, a alentar o coleccionismo de estampas e tamén apoiar o traballo que moitos artistas, tanto galegos como de fóra da nosa comunidade, están a facer nesta disciplina artística”, engadiu. De feito, tamén subliñou como os Premios Atlante de Gravado contribúen a reforzar o papel do gravado tamén en distintos museos, universidades ou escolas de Belas Artes onde se expoñen as obras dos premiados.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.