Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, anima aos nadadores da Triple Coroa Illas Atlánticas a converterse en embaixadores do parque nacional no resto do mundo

09 Setembro 2023

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou hoxe o importante escaparate internacional que supón para Galicia a competición a nado Tripla Coroa Illas Atlánticas e animou aos 136 participantes deste ano a converterse en embaixadores do
Parque Nacional e dos seus valores patrimoniais e medioambientais no resto do mundo.
Antes de saír desde o porto de Aguiño, en Ribeira, para achegarse en barco ata un dos grupos de nadadores que estaban disputando a proba, a responsable autonómica puxo en valor a dureza desta competición en augas abertas, que vai xa pola súa terceira edición e se consolida ano tras ano como un escaparate internacional de gran valor para dar a coñecer lugares emblemáticos de Galicia e, particularmente, das Illas Atlánticas.
Dividida en tres probas anuais de ultrafondo, hoxe disputouse a segunda, cun percorrido total de 19 quilómetros entre a illa de Sálvora e o municipio de Ribeira. En concreto, os primeiros nadadores saíron ás 08,45 horas da praia do Almacén, en Sálvora, en dirección á praia ribeirense de Coroso, o punto escollido nesta ocasión para rematar a carreira.
Tras lembrar que a Tripla Coroa comezou a disputarse no ano 2018 e desde aquela primeira edición conta co apoio e colaboración da Xunta, a vicepresidenta salientou que esta é a primeira vez que unha das probas remata na provincia da Coruña e a terceira que os nadadores participantes compiten en augas da Ría de Arousa.
Un dos principais atractivos da travesía foi a saída desde Sálvora, un dos arquipélagos menos coñecidos do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia pero que nos últimos anos vén atraendo a un número de visitantes cada vez maior.

De feito e a poucos días de que remate a tempada estival, Ángeles Vázquez avanzou que entre os meses de xullo e agosto preto de 11.000 persoas se achegaron ata a illa Sálvora, un balance que supera en case 1.000 visitas o do mesmo período do ano anterior.
Todas as accións programadas no marco da Tripla Coroa serven para poñer en valor a riqueza natural e paisaxística de Galicia e, máis concretamente, do Parque Nacional, demostrando que a conservación da natureza é compatible co seu uso e desfrute a nivel deportivo e turístico.
Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo da xornada de hoxe e de forma paralela á celebración da proba deportiva, familiares e acompañantes dos nadadores — procedentes de 14 comunidades autónomas e de países como México, Arxentina, Cuba, Portugal, Andorra e Francia— terán ocasión de coñecer Sálvora a través dun completo programa de actividades organizado polo persoal e a dirección do Parque Nacional.
En concreto, está prevista unha visita guiada pola illa para descubrir as súas principais especies de flora e fauna e tamén o seu patrimonio etnográfico e arquitectónico, haberá un concurso de fotografía e unha acción de voluntariado para limpar a praia do Almacén, punto de partida dos participantes. Por último, xa en Ribeira, farase outra visita con guía ao miradoiro da Pedra da Rá e o Castro da Cidá na que poderán participar, neste caso, tanto nadadores como acompañantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.