A ABE entrega os 2.000 euros e as 2 bicis correspondentes á segunda parte da campaña Quincenas Fantásticas

11 Setembro 2023

Na mañá deste luns 11 de setembro a sede da patronal boirense (ABE) acolleu a entrega de premios da segunda parte da campaña de verán da patronal Boirense: a campaña Quincenas Fantásticas. En total entregáronse 2.000 € en Bonos ABE repartidos en 2×250, 2×150 e 2×100 euros, 1 premio especial de 1.000€ e 2 bicicletas pregábeis ás persoas gañadoras dos sorteos da primeira e segunda quincenas do mes de xullo.

O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes nunha campaña na foron batidos todos os récords” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”. Así mesmo animou a “seguir participando nos próximos sorteos xa que temos en marcha a campaña de volta ao cole con 1.000 € mais en premios”.

Os premios da 4ª quincena sorteáronse entre os 1.854 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 16 e o 31 de agosto. “Os 1.854 rexistros supoñen un incremento de 769 sobre os rexistrados na mesma quincena do pasado ano e bateuse o récord absoluto de participación en 273 que ata o de agora o tiña a 2ª quincena de este ano con 1.581”, sinalou o presidente.

Premios, premiados e comercios onde se realizou a compra

250 €. Valeria Ruiz. Hipermarket Haomai.

150 €. Elena Vigo. Mi Frutería.

100 €. Carmen Vázquez. Panadería Ourille.

Bicicleta. Justo Loño. Café Literario Ágora.

250 €. Ana María Romero. Librería El Cisne.

150 €. Matilde Cespón. Julieta Bebés.

100 €. Silvana Laíño. Cafetería York.

Bicicleta. María García. Electrodomésticos Otero.

Premio especial fin de campaña

Ademais dos premios da 4ª quincena tamén se entregou un premio final de 1.000€ para unha única persoa entre todos os tíckets rexistrados na campaña dende o 1 de xullo ao 31 de agosto, en total foron 6.346 tamén récord absoluto das 3 edicións que ata o de agora se celebraron. “Estes 6.346 rexistros son 2.456 mais que a edición do pasado ano e 3.877 mais que a de 2021 números que falan por si mesmo da altísima participación que tivo a campaña e da progresión que ten este sistema de campañas a través dos rexistros na web da ABE, abe.gal”, explicaron dende a dirección da patronal, engadindo que a persoa gañadora dos 1.000 € foi Consuelo Pombo, polo rexistro dunha compra realizada en Drolim o 24 de agosto.

Consuelo Pombo é unha das 2.165 persoas usuarias activas na web de fidelización da ABE, que ademais de participar en sorteos como este, acumulan puntos con cada compra para cambiar por agasallos do catálogo.

Para finalizar o presidente quixo agradecer “aos 2.165 clientes que rexistraron tíckets nesta campaña tanto a súa participación como os seu compromiso cos negocios locais de Boiro” e recordou que “os premios en Bonos ABE poden utilizarse sen caducidade en calquera dos 201 negocios asociados, aos que aproveitamos para agradecer e dar os parabéns pola súa colaboración e compromiso nos labores de información e difusión sa campaña que foron fundamentais para acadar estes espectaculares resultados”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.