O Espazo Violeta da Guadalupe achegará seguridade e información contra as agresións até o remate das festas

11 Setembro 2023

Nesta edición 2023 das Festas da Guadalupe o Concello de Rianxo habilitou un Espazo Violeta na Martela, a carón do Centro de Saúde. Este é un espazo de seguridade para todas as persoas que o precisen, persoas que sufran algún tipo de agresión, menores que se atopen perdidos, etc. Ademais, no punto violeta proporcionarase acompañamento e información contra a violencia de xénero e realizaranse actividades de sensibilización e prevención a través de material específico a tal fin. O espazo vén da man de Exeria e máis do Concello de Rianxo. Estará operativo en diferentes emprazamentos (en función da actividade festiva) até o remate das festas, o 15 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...