Ribeira exalta este domingo a memoria das Heroínas de Sálvora nunha milla solidaria a beneficio de AGADEA

04 Xaneiro 2020

Con motivo do centenario do afundimento do vapor-correo Santa Isabel que tivo lugar o 2 de xaneiro de 2021, o Concello de Ribeira organiza a Primeira Milla Solidaria ‘Heroínas de Sálvora’. Trátase dun certame deportivo que, ademais de posuír unha vocación benéfica, busca lembrar este acontecemento histórico ao tempo que se exalta o papel daquelas mulleres que se botaron ao mar para rescatar aos náufragos, evitando engrosar as listas de falecidos e que a traxedia fose maior. Os encargados de detallar as características da referida proba foron a concelleira de Deportes, Juana Brión; Abraham Benítez, principal impulsor da iniciativa; e Noelia Riaño no nome da Asociación AGADEA.

A cita desenvolvese o 5 de xaneiro na parroquia de Aguiño, coa intención de que se consolide no tempo como unha das primeiras competicións atléticas no calendario anual a desfrutar por parte dos afeccionados. Así, esta carreira consta de 1.609 metros de percorrido na modalidade Master, a cal arrancará ás 12.45 horas. Antes, a partir das 11.00 horas, sucederanse outras categorías con distancias menores: Biberón (200 metros), Prebenxamín (400 metros) e Sub 10-Sub 12 (1.000 metros). A partir das 11.45 horas terán lugar outras catro carreiras máis, todas de 1.609 metros e separadas por intervalos dun cuarto de hora: Sub 14-Sub 16, Sub 18-Sub 20, Sub 23-Senior Mixta e Zapatilla Inclusiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.