“Marta é nome de anxo” – Xulio Xiz

12 Setembro 2023

Non é que os anxos sexan nenos ou nenas, mulleres ou homes; é que o seu pasar pola vida está por riba de diferencias e poden ter nomes femininos ou masculinos, existentes ou creados especialmente para seres especiais. No decurso da nosa vida, imos descubrindo persoas que, por ser anxos, elevan moi alto o nome que as identifica. E este domingo dinme conta do que sen decatarme levo sabendo catro décadas: Marta – Martita – é nome de anxo.

Na miña familia coñecemos e queremos a Marta Quiroga Blanco desde sempre. Amiga e filla de amigos – jose Manuel Quiroga e Gloria Blanco – era veciña nos veráns de Miño, xogaba cos nosos fillos, tiña xeitos de anxo no falar, no sorrir, no vivir. E fóisenos este setembro, nos 46 anos dunha mocidade perpetua, deixándonos na alma un baleiro dorido, agarimo impotente, aínda sabendo que os anxos son máis do ceo que da terra, e ao fin está na casa.

Cada visita a ASPNAIS, a súa segunda casa, reencontraba á amiga, todo sorriso, que sempre me encomendaba saúdos para a familia, preguntaba por todos, alegrábase de verme, sen deixar o seu labor, incansable. Poucas veces me caen as bágoas mentres escribo, pero nesta ocasión algo especial me acontece e non deixo de refregar os ollos, inutilmente.

Como Marta – Martita para os amigos – era un anxo traballador, estou seguro que Deus non lle vai asignar un traballo contemplativo na parte máis elevada do ceo que soñamos, senón que buscará un posto acorde co seu ser. E aínda que non precise suxestións, que saiba que aos amigos nos gustaría que Marta tivese un posto de Anxo da Garda para acompañar a alguén que precise protección, agarimo, ledicia, bondade e inocencia. Amén.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.