“Dúbidas sobre a incorporación do galego, o catalán e o éuscaro ás linguas oficiais da UE” – Anton Luaces

14 Setembro 2023

O vindeiro martes, 19 de setembro, o Consello de Ministros de Asuntos Xerais da Unión Europea abordará a formulación realizada polo Goberno español de que o galego, o catalán e o éuscaro se incorporen ao regulamento que axusta o réxime lingüístico, que data do ano 1958 e conta con 24 linguas oficiais. Calquera modificación neste aspecto require a unanimidade dos Vinte e sete, polo que non pode saír adiante ningunha proposta neste senso se un só Estado membro e opuxera. E Suecia pode ser un destes, tendo en conta que o Goberno deste país recoñeceu o mércores que ten dúbidas en relación á incorporación das devanditas tres linguas cooficiais españolas como linguas oficiais dentro da UE.

E se ben aínda non tomou unha decisión final, Suecia xa dixo que estudará os efectos orzamentarios e de funcionamento que implicaría a iniciativa do Goberno de España.

Hai, polo tanto, indecisión no Goberno sueco sobre esa posibilidade de modificar o Regulamento número 1, no que se recollen cales son os idiomas oficiais da UE.

Estocolmo quere examinar máis polo miúdo as consecuencias legais e financeiras da proposta española, xa que hai moitas linguas minoritarias que non son oficiais dentro da Unión Europea.

O Consello de Ministros de Asuntos Xerais do próximo día 19 podería ser o do debate inicial deste asunto que se presenta polémico no que, sen embargo, non desbota unha eventual votación . Esta “a priori” representa agora mesmo ser moi negativa para a formulación do Goberno español. Máis aínda tendo en conta que eurodeputados  por partidos nacionalistas españois -caso do galego Camilo Nogueira- xa solicitaran o uso no Parlamento  Europeo da súa lingua nai, petición que nunca ata o de agora foi atendida, en base ao anteriormente citado Regulamento número 1.

Cousa distinta será o uso desas tres linguas no Congreso dos Deputados, onde xa esta todo disposto para que na sesión constitutiva das Cortes, a vindeira semana, así se faga, empregando o castelán, o catalán, o éuscaro e o galego na Cámara baixa. Non así, no Senado, onde hai maioría absoluta de representantes do PP. Tampouco neste senso se acada un acordo.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.