Os maiores de Rianxo poderán participar en obradoiros para mellorar a súa saúde e previr o deterioro cognitivo

14 Setembro 2023

O Concello de Rianxo informou de que a posta en funcionamento do centro terapéutico para persoas con alzhéimer e procesos de deterioro cognitiva (anunciada o mes pasado polo Goberno de Julián Bustelo, con inicio fixado para outubro) virá acompañada de actividades concretas para mellorar a atención e a saúde dos maiores do concello. Activa a túa Mente é un programa impulsado polo Concello e AGADEA, coa axuda de Caixabank, que contempla iniciativas específicas e directas para prever o deterioro cognitivo en persoas maiores de 65 anos e optimizar a súa calidade de vida, amais de fomentar o envellecemento saudábel.

Inclúe un cribado realizado por profesionais de AGADEA, un estudo optométrico e audiolóxico e obradoiros de envellecemento activo. As inscricións poden facerse no teléfono 672 705 053. As actividades celebraranse todos os martes de outubro a xuño. Celebraranse no Centro Social Liceo (no número 23 da rúa Rinlo). Habilitaranse dous grupos con diferentes horarios: un de 10.00 a 11.30 horas e outro de 11.30 a 13.00 horas. O límite será de 10 persoas por grupo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.