A Aula CeMIT do Concello de Boiro retoma a súa actividade en setembro con cursos formativos e un obradoiro

14 Setembro 2023

A Aula CeMIT do Concello de Boiro retoma en setembro a súa actividade formativa en setembro con cursos de formación de inicio á informática e un obradoiro sobre equipamento disruptivo. A inscrición nos cursos está aberta e pode facerse directamente na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

Os cursos que se van impartir nos meses de setembro e outubro son de Inicio á Informática, a celebrar entre o 18 e o 22 de setembro en horario de 10.00 a 12.30 horas. Vaise impartir tamén a formación de Inicio á rede Internet entre o 25 e o 29 de setembro no mesmo horario. Do 2 ao 5 de outubro de 10.00 a 12.30 horas, formación sobre correo electrónico webmail.

O día 19 de setembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas, vaise impartir un obradoiro creativo sobre equipamento innovador (drons, 3D, gafas RV, robótica) para a inclusión e capacitación dixital da cidadanía destinado a persoas adultas.

Toda a información sobre a formación e inscricións na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.