A nova Escola Infantil Municipal de Outes comezou curso cunha trintena de escolares matriculados

16 Setembro 2023

A segunda semana de setembro deu comezo un novo curso na Escola Infantil Municipal de Outes. Fíxoo, con 28 nenas e nenos matriculados e, segundo confirmou o alcalde Manuel González na súa visita ás instalacións, coincidindo coa reapertura das clases, a previsión é abrir unha nova aula proximamente e poder chegar aos 40 escolares.

Como lembraremos a escola é unha das novas infraestruturas educativas coas que conta a nosa comarca neste inicio de do curso 2023-2024.

Situada nas instalacións do antigo colexio vello do Cruceiro de Roo, este novo centro representa en palabras do Concello “un paso adiante para a mellora da conciliación no noso municipio”. Así se expresou o alcalde, Manuel González, na apertura formal do inmóbel, en inverno do ano pasado.

O centro foi posíbel grazas ao traballo conxunto do Goberno local, a Deputación da Coruña e o Executivo autonómico, que achegou unha axuda de 62.000 euros para a materialización do proxecto na sede do antigo CEIP Emilio de Navasqües (Cruceiro de Roo). Esta actuación supuxo ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes que se converteu así nunha escola infantil.

A rehabilitación do edificio significou un investimento de máis de 400 mil euros, con fondos procedentes da Xunta, a Deputación da Coruña e do propio Concello.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.