“O negocio do narcotráfico” – José Manuel Pena

19 Setembro 2023

Os expertos afirman que o tráfico de drogas e o narcotráfico está en auxe en Galicia, nos últimos tempos. Volve o oeste americano á Galicia tradicional e conservadora. O enriquecemento duns poucos á conta da enfermidade e da pobreza doutros moitos.

Nas últimas semanas incautáronse máis de tres toneladas de droga, en varias embarcacións que tiñan como destino as costas galegas. As entidades veciñais, sociais e de loita contra a droga alzan a súa voz para que as diferentes administracións e autoridades competentes se poñan a traballar, en serio e con valentía, para gañar a batalla á secuela do narcotráfico.

Aínda hai xente que pensa que o tráfico de estupefacientes, a gran escala, beneficia ás economías locais, coa creación de postos de traballo e de riqueza. Moi triste que continúen con esas mentalidades, aínda que é certo de que moitas empresas e negocios foron creados polo diñeiro manchado coa dependencia e mesmo a morte de centenares de inocentes.

Mirando algunhas mansións, grandes palacetes, vehículos de última gama e suntuosas embarcacións recreativas así como as numerosas propiedades inmobiliarias, concentradas nunhas poucas mans, é proba evidente do lucrativo negocio do narcotráfico.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.