“Falar galego no Congreso dos Deputados, é un pagamento político do PSOE?” – Antón Luaces

20 Setembro 2023

O deputado socialista por Lugo, Xosé Ramón Besteiro, foi o primeiro en empregar o galego como lingua cooficial nos debates parlamentarios do Congreso dos Deputados. Na tribuna da Cámara, Besteiro defendeu a proposta de reforma do regulamento que permite o uso de galego, o catalán e o éuscaro nas sesións do Congreso, considerado este como “o templo da palabra”, no que, este xoves pola mañá, os deputados de Vox abandonaron o salón de plenos para, un a un, deixar os auriculares destinados a seguir as traducións simultáneas, no escano baleiro do presidente en funcións do Goberno, Pedro Sánchez.

E reforma do devandito Rrgulamento foi aprobada inicialmente por 176 votos a favor, 168 en contra e 2 abstencións, con expectativas favorables para o debate sobre o particular previsto para o xoves.

Esta apertura lingüística no Congreso chega no medio dun debate que transcende, na propia Galicia, a unha cidadanía moitas veces allea ata o de agora ás circunstancias -favorables ou non- do uso da lingua nai, algo que tamén se debaeiu na sesión parlamentaria que este martes inauguraba a XX Lexislatura . Por exemplo na intervención de  Borja Sémper, voceiro do PP, cando dixo que agardaba que o, paso que se daba deste xeito no Parlamento nacional non fora o “pago político do PSOE” para que Pedro Sánchez accedera á presidencia do Goberno.   Pola súa banda, o voceiro de ERC, Gabriel Rufián, dixo que “hoxe non  houbo perdedores; como moito hai ignorantes”.

E referíndose ao abandono do hemiciclo polos deputados de Vox, durante boa parte do día foi reenviado un fío que sinalaba “antes facíannos calar aos galegoparlantes; agora son eles os que se van”.

Eu lembro tempos, no franquismo, nos que a aqueles que “locutabamos” na radio se nos esixía non “ter acento” ningún que puidera identificarnos como galegos, cataláns ou vascos ao falar na lingua única: o castelán.

Finado Franco e convocadas as primeiras eleccións xerais, a empresa encargada polo Goberno de realizar a campaña electoral en TVE, contratóunos a un grupo de radiofonistas de Galicia, País Basco, Cataluña, Andalucía e Canarias, para poñer voz a unhas imaxes que convidaban a exercer por primeira vez o dereito a votar.

O responsable desta produción para a única televisión que había daquela en España, un coñecido director de cine, díxome que eu non tiña acento galego. Respostei cunha pregunta (como din que facemos os galegos): “Que acento galego quere: os varios das Rías Baixas, algún específico da Costa da Morte, cal da provincia de Ourense, cal da de Lugo?. En Galicia temos moi variados acentos, mais penso que vostede pretende que use  mesmo o que pon no cine Xan das Bolas e eu non estou disposto a ridiculizar a Iingua dos meus pais e todos os meus devanceiros”.

Gravei o testo, pagáronmo (ben, por certo) e emitiuse sen problemas. Para iso tivo que morrer Franco. E para que hoxe non se fale nos idiomas oficiais de España e non exclusivamente en castelán, os deputados  de VOX abandonaron o hemiciclo.

E será que queren resucitar ao xeneral ferrolán que un día, no palacio dos deportes de Riazor (A Coruña), se puxo en pé para cantar, cun coro desta cidade, o himno de Galicia?…

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.