O Concello de Ribeira adica 18.000 euros a subvencionar actividades culturais

20 Setembro 2023

O Concello de Ribeira aprobou a convocatoria de subvencións para fomentar, apoiar e impulsar a actividade cultural das entidades sen ánimo de lucro do municipio. O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes e iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Poderanse acoller a estas axudas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro cuxas actividades culturais se desenvolvan no exercicio 2023. O orzamento global da convocatoria é de 18.000 €.

“O apoio ás actividades culturais é fundamental para a dinamización social do Concello así como para celebrar a diversidade lingüística e cultural e reforzar o sentimento de identidade”, sinalou a concelleira de Cultura Antía Alberte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.