As persoas asistentes á formación de Comercio en Ambar realizaron a fase práctica en empresas

22 Setembro 2023


O alumnado da formación en Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio, que se impartiu no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, realizaron fase práctica durante os meses de xuño, xullo e setembro.

Juan Gabriel, Ismael, Jorge, Araceli, María Elena, Antonio e Rubén tiveron a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos que adquiriron durante a fase teórica, impartida no Centro de Recursos de Ambar, nas diferentes empresas da comarca: A Poutada, CONGALSA, FRINSA, Lolita Multimarca, Miss-Tic, Suministros Barbanza e en Triñanes e Hijos Suministros Industriales.

Esta fase práctica da formación durou un total de 120 h. “Foi”, en palabras de Ambar, “unha experiencia moi enriquecedora a través da cal puideron mellorar as súas competencias laborais en sectores estratéxicos da nosa comarca”.

Este curso está co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade das Persoas con Discapacidade POISES “Uno a Uno” – Año 2022 – 2023 impulsada pola Fundación ONCE.

Esta formación enmárcase na actuación do Obxectivo Temático 9: Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.