“Tía Manuela: Uns falan e outros calan”. Luís Celeiro

23 Setembro 2023

Uns din que é como unha gripe suave, que vén e vai sen deixar rastro. Pero outros fóronse apuradamente para o cemiterio por mor das novas remesas de coronavirus, que cambian de identidade e de nome. Agora está zumbando a variante EG.5, coñecida tamén como Eris e detrás anda a Pirola ou BA.2.86, con mutacións significativas sobre as anteriores. A ciencia ten traballo dabondo, os científicos non dan feito, os hospitais ocupan as camas todas e os doentes, moitos dos doentes avanzan na carreira cara a nada ou cara a escuridade absoluta, polo camiño do abismo e sen retorno.
Non debíamos escribir disto, pero os que morreron por mor da covid, fose antes ou recentemente, merecen unha homenaxe e recoñecemento dos que aínda andan (andamos) por estas terras movedizas, comprando máscaras, tests e vacinas. O único que pode comprar a xente traballadora, para seguir respirando e, se é o caso, votando.
Os doentes cando quedan sen alento, teñen febre, calafríos e tose; están con cansazo, teñen dor de ósos, náuseas, diarrea, perda do gusto e do olfacto, deben pensar ou saber que algo pasa, algo máis do que pasou. Achégase o virus e aperta á xente, a esa xente que vai traballar con razón ou sen ela, coa máscara atada ás orellas, coa cabeza gacha e sen posibilidades de erguela. Pesa máis a cabeza desa persoa infectada que a dunha porca celta cebada.
Para evitar a infección do tracto respiratorio, tanto que sexa do superior como do inferior, o mercado, os laboratorios, os axentes comerciais e os sanitarios acórdanse das vacinas, como se acordaran antes, daquela, cando os expertos militares e da Garda Civil, aquela morea de uniformados e cun micrófono nos fociños, anunciaban as restritivas medidas. Onde estarán, aqueles aprendices tardíos de locutor?
O Goberno deu por rematada a emerxencia sanitaria, como se a auga volvera ao rego, e a OMS, pola súa parte, di que observa tendencias preocupantes no hemisferio norte e que as mortes aumentan en Oriente Medio e Asia, mentres que os ingresos nas UCI e as hospitalizacións increméntanse en Europa. Hai variantes do virus que aumentan e outras que decrecen. Hai países que informan e outros que calan.
Hai quen traballa na procura da prevención, na solución do problema e na mellora dos servizos sanitarios, coa mirada acentuada nos avances sociais, pelexando, se fai falta, cos obstrucionistas, que medran como as herbas malas. Parabéns para esta xente de ben! A cidadanía sofre, escoita e observa. Igual que á Tía Manuela, gustaríalle saber de quen é o
negocio?

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.