“Que é a vida?” – Manuel Domínguez

24 Setembro 2023

A vida é o espazo de tempo que transcorre entre o nacer e o morrer.

Desde o momento que nacemos imos gastando tempo de vida, pero á súa vez desenvolvémonos para enfrontarnos a ela.

Hai distintas formas de vida. Hai quen, en idade adulta, entrada en anos, vive polo retrovisor, é dicir gozando, lembrando o pasado, o glorioso pasado, sen presente nin futuro, e hai quen vive esperando no futuro que chegará ou non chegará.

Hai quen inviste na propia felicidade, compartida polo seu círculo, e hai quen sen razón crea un inferno, hai quen sofre anticipadamente por problemas que non chegaron e non chegasen.

Dinnos desde a altas esferas que hoxe vivimos moitos anos e non haberá diñeiro para as pensións, media de vida supera os 80 anos.

Datos, antes de Xesucristo.

Tales de Mileto viviu 78 anos.

Pitágoras 94

Sócrates 71

Platón 80

San Agustín 76

Carlo Mago 72

Augusto 77.

Din desde as altas esferas do poder que non haberá suficiente diñeiro para pagar as pensións do contribuínte, pero nada din que os ex-presidentes, os presidentes de comunidades autónomas, e outros varios, quedasen sen as súas prebendas, nada din que os políticos e similares, non cotizan polo 100% do salario, non, iso non, eles están exentos dun 40% libre de impostos.

A vida é curta ou longa? Como se mide o tempo? Canto dura unha hora? Pois todo depende do chanzo da escaleira onde vivas, para uns a vida é un baile de rosa, para outros un sufrimento unha escravitude.

Canto dura un minuto na antesala do dentista? Canto dura unha tarde, ou unha noite coa túa amada? Ese é o relativismo da vida.

Despois están os que nin viven nin deixan vivir.

Hai quen non ten vida propia e queren vivir a vida doutros.

Hoxe, se hoxe en día, hai persoas, por ser educado, noutro tempo chamábanlles escravos, que traballan por un salario oficial, unhas 12 e 14 horas, ás veces, moitas veces 16 horas, e nun país con mais de 3 millóns de parados, pois iso.

Hoxe comeza o Outono, empezan a espirse as árbores.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.