Castelao Primeiro Presidente de Galicia. Entidades da emigración reúnense en Rianxo

26 Setembro 2023

Entidades da emigración e o exilio foron recibidos no Concello de Rianxo, como un xesto de recoñecemento a Daniel Castelao. Motiva esta visita a Rianxo o feito de seren representantes dalgunhas das entidades promotoras do Manifesto para que Castelao, pola súa condición de presidente do Consello de Galiza, sexa proclamado como primeiro presidente de Galicia.
Introduciu o acto o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López Franco, que lle deu a benvida aos asistentes, quen explicou o sentido do acto e deu paso ao alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, que renovou o a vontade do concello por divulgar a figura de Castelao e con el recoñecer a importancia da Galicia exterior, das persoas que forman o continxente humano da diáspora.
O cineasta galego-arxentino, Xan Leira, fixo as funcións de introducir ás diferentes representacións polas que falaron, polo Centro Betanzos, María Carmen Castro, secretaria e Bernardo Rey tesoureiro (á vez presidente do Fogar Galego para Anciáns). Diego Martínez Duro, ex presidente da Federación de Entidades Galegas, asinante do Manifsto. Polo de Corcubión, Carlos Ameixeiras, presidente. Polo Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, presidente da asinatura do Manifiesto, quen afirmou que “neste documento o que facemos é constatar unha verdade histórica inapelable, que Castelao foi o primeiro presidente de Galiza por selo do Consello. El é a cartografía que nos guía para non perdernos. En Castelao cabemos todos, só precisamos ser galegas e galegos”. Tamén representante do Colegio Santiago Apóstol, José María Vila Alén, é membro do Consello de Administración da Delegación Arxentina da Fundación Galicia América, quen se refería ao sentido do Manifesto como o recoñecemento dunha verdade histórica, a constatación de que Castelao está por riba de todos nós… “en Castelao cabemos todos nós, sempre que nos sintamos galegas e galegos”. Polo Centro da Estrada, interviu o seu presidente José Manuel Besteiro, que lembrou os vencellos de Castelao coa Estrada polo seu casamento con Virxinia Pereira, reafírmándose no compromiso adquirido na asinatura do Manifesto e no compromiso de fidelidade á figura do autor do “Sempre en Galiza”.
O acto rematou coa intervención do voceiro do BNG, Xusto Ordóñez, quen agradeceu ás diferentes representacións o seu compromiso co país, con Rianxo e con Castelao, remomorando os vencellos da súa vila coa comunidade emigrada e co exilio. E rememorando que Castelao non só foi valorado pola comunidade galega, o seu prestixio estarricouse ata as comunidades vasca e catalana, onde aínda conserva todo o seu prestixio político e humano.
A seguir fíxose unha visita guiada polo alcalde á casa natal de Castelao, quen reiterou a vella vontade do concello por adquirir a propiedade e poñela ao servizo da veciñanza da súa vila e de Galiza, e unha ofrenda no seu monumento. Rematando a xornada cun xantar de confraternidade no Hotel Jopi de Boiro, onde se desenvolveu unha sesión de traballo.

Diante da casa natal de Castelao. Dende a esquerda: Xusto Ordóñez, Antón Mascato, o alcalde Julián Bustelo, Chesqui, Bernardo Rey, M. Carmen Castro, José María Vila, Carlos Ameixeiras, José M. Besteiro e Bravo, ex alcalde de Rianxo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.