A Axencia de Lectura de Portosín achega este sábado un obradoiro-contacontos: “Andamiaxe”

27 Setembro 2023

A Biblioteca de Porto do Son non cesa nas súas actividades de fomento da lectura e dinamización cultural destinadas aos pequerrechos, aínda que tamén aos maiores. A través da Axencia de Lectura Municipal de Portosín vai realizar este sábado 30 de setembro ao mediodía (ás 12.00 horas) unha proposta chamada Andamiaxe (Caixa, caixiña, caixón), para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos. Encádrase no ciclo Outono na Biblio e no programa Ler Conta Moito.

Trátase dunha actividade que mestura o formato de contacontos co dos obradoiros creativos. A través desta proposta, as crianzas descubrirán as mil e unha historias anónimas esquecidas nun caixón así como os diferentes formatos nos que as podemos ilustrar, dende unha caixa de cartón a unha caixiña de papel.

A maiores, o ciclo Outono na Biblio levou á Biblioteca de Porto do Son, este martes 26 de setembro, un obradoiro creativo de globoflexia, encadrado no programa Ler Conta Moito (Xunta).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.