A FGC e a Asociación de Empresarios de Ribeira sortearon os agasallos da campaña “Mercar no teu comercio en premio”

27 Setembro 2023

A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Empresarios de Ribeira celebraron o sábado pasado, 23 de setembro, o sorteo dos agasallos da campaña Mercar no teu comercio ten premio, impulsada polas dúas ditas entidades. Foi ao mediodía na praza do Concello. Asistiron o vicepresidente da Federación de Comercio da Coruña, José Antonio Seijas, o presidente da patronal ribeirense, Francisco Martínez Gude, o tenente alcalde de Ribeira, Vicente Mariño, e a concelleira de Promoción Económica, Emprego e Consumo do Concello de Ribeira, Genoveva Betanzos.

Logo do troco de tíckets por boletos (tíckets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña, do 16 ao 23 de setembro) comezou o sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros (que serán entregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local).

Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación Empresarios Ribeira.

Así, todos os clientes de Ribeira que realizasen compras no comercio de proximidade entre o 16 e o 23 de setembro puideron participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en premios.

A patronal de Ribeira agradeceu a asistencia a todos os clientes que participaron no sorteo e felicitou ás persoas agraciadas (sorteáronse 2 premios de 300€ e 8 de 50€).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.