O CPEIG e a AMTEGA organizarán no CEIP Heroínas de Sálvora unha charla sobre ciberseguridade

27 Setembro 2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta organizan no mes de outubro unhas xornadas sobre ciberseguridade enmarcadas no programa Tech Kids, actividade incluída na Estratexia Galicia Dixital 2030 e no Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital e realizada a través do convenio asinado entre as dúas ditas entidades para a realizacións de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia para fomentar a sociedade dixital.

A axenda inclúe 28 xornadas formativas presenciais en centros de ensino de Galicia, incluído o CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira), o 23 de outubro pola mañá.

As actividades comezarán este 28 de setembro, xoves, cunha xornada no CEIP de Zas ás 10 horas. Proseguirán xa en outubro en Santiago, O Carballiño, Maside, Boborás, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Reis, O Grove, Cambados, Lalín, Lugo, Rábade, Castrelo de Miño, Cartelle, Vigo, Ribeira, Curtis e en Aldán en Cangas do Morrazo, ademais doutras oito sesións aínda sen confirmar.

Tech Kids ten como obxecto formar aos rapaces e rapazas en ciberseguridade. As xornadas de divulgación, denominadas Ciberseguranza Kids, centraranse na ciberseguridade mediante charlas con tipoloxía de contacontos ou outro tipo de actividade de carácter dinámico e participativo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Ademais, celebrarase unha sesión de contacontos o vindeiro 26 de outubro no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura en Santiago. Segundo explica o CPEIG, a través destes contacontos incidirase no fomento das vocacións STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) entre os máis novos/as, especialmente entre as rapazas con referentes femininas no material didáctico. Tamén esta iniciativa comprenderá a publicación de vídeos específicos e un novo conto con contido de ciberseguridade.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...