Xabier Vidal visita a sede de Ambar en Frións e coñece de primeira man as súas actividades e necesidades

27 Setembro 2023

Este mércores 27 de setembro o Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional (Frións, Ribeira) recibiu a visita de Xabier Vidal, concelleiro delegado de Infraestruturas e Obras, Deportes, Transparencia e Participación Veciñal. Recibírono Marina, Raquel, Javi, Héctor, María, Manu, Domi e Paula, integrantes do Equipo de Running de Ambar, quen estaban a piques de saír a facer a súa rutina de adestramento con Abraham Benítez, voluntario da asociación.

Na súa visita o concelleiro puido coñecer as instalacións do Centro de Recursos acompañado por Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar e Joserra Figueira, responsábel da área de deporte. Máis polo miúdo, mostráronlle os diversos obradoiros e servizos que se levan a cabo dende a entidade, como por exemplo o obradoiro de cestería, arte, artesanía, o servizo de emprego ou o de fisioterapia.

Durante esta xornada, Xabier puido observar de primeira man os proxectos da entidade inclusiva e as súas principais necesidades e demandas. Tanto profesionais do equipo como persoas usuarias do centro amosaron o seu agradecemento pola súa visita.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...