Na mañá deste mércores 2 de agosto o alcalde de Noia, Santiago Freire, xunto coa concelleira de Obras, Laura Salgado, e o concelleiro de Educación, Iván Lorenzo; visitaron as obras de mellora que están en marcha no IES Virxe do Mar.

Trátase, sinalaron, dunhas actuacións “necesarias para facer un centro educativo máis confortábel, seguro e eficaz”. O proxecto conta cun investimento de 390.000€ que se suma ás melloras levadas a cabo nos demais centros educativos da vila.




