“Quen orienta á Comisión Europea nas súas decisións contra a pesca comunitaria?”. Antón Luaces

05 Agosto 2023

Non estou certo en como cualificar as decisións da UE en materia de vedas. E menos ainda, en xulgar a actitude de aqueles que adoptan esas decisións que, como no caso que nos ocupa, supoñen para o sector pesqueiro importantes quebrantos económicos.

Ten que ver cun informe sobre vedas do Comité Científico a Económico da Pesca (Stecf) publicado recentemente, que recoñece que a frota española é a máis prexudicada con perdas que roldan os 16 millóns de euros ao ano.

Este dictame científico en boa medida induce á rebelión dos pescadores contra as vedas das artes de fondo en 87 zonas de Atlántico nororiental ao por en dúbida a base dunha restricción impulsada por España ante os tribunais.

En 2022, como é sabido, a Comisión europea presentou unha proposta para a implementación do Regulamento de acceso a augas profundas, que foi examinada polo comité correspondente, composto por representantes de todos os Estados membros da UE, adoptada o 15 de setembro. Non se elaborou, como sería preceptivo, un informe de impacto socio-éconómico específico antes de adoptaren este acto que por sí só implementa a regulación do acceso a augas profundas que se benefician dunha avaliación de impacto detallada antes da súa adopción. A maiores, o procedemento estabelecido para a adopción deste acto de execución tampouco prevé a avaliación de impacto socio-económico específico xa citado.

O informe reforza as posicións da frota porque recoñece que os datos non abondan e dan argumentos en contra das vedas de cara aos litixios abertos polo Goberno español e polo sector ante o Tribunal de Xustiza da UE.

A esperanza de reacción da CE no caso de que se modificaran os cambios non serían realidade antes de 2024.

Como se lembrará, en setembro de 2022  a Comisión Europea aprobou as vedas ás artes de fondo en 87 polígonos do Atlántico noroeste a máis de 400 metros de profundidade, cualificadas como “ecosistemas mariños vulnerables” en Irlanda e augas Ibéricas do Cantábrico (Avilés e zonas de Galicia) e o golfo de Cádiz para artes de fondo como as empregadas para a pescada do pincho. Esta prohibición prexudica directamente a 59 buques españois dos 500 inicialmente sinalados. E ainda así, o impacto medio por ano estimado estaría entre os 13,5 e os 16,6 millóns de euros anuais.

Unha das vedas que este ano fai que os mariñeiros galegos critiquen duramente a Bruxelas é a  cigala, abundante en todo o Cantábrico, que os barcos capturan como especie asociada a outras

obxectivo,  à que deben renunciar malia a superabundancia delas, como se pode comprobar na bodega dun barco con base na Coruña esta mesma semana.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...