“Percurar acordos sen trasacordos que leven a novas eleccións xerais”. Antón Luaces

07 Agosto 2023

Todo está por facer e todo se vai facendo. Pero nada, ainda se ten concretado: o forno non  queceu, a masa leveda. Núñez Feijoo, o candidato a presidente do Goberno por ser o máis votado, non arría o remo da súa gamela e segue a navegar polas fonduras dun mar bravo no que a chalana de Pedro Sánchez -a priori o candidato con máis apoios na Cámara baixa para repetir á fronte do Executivo español boga e cía, cía e boga, nas augas dos nacionalismos e os independentismos, sen deixar de SUMAR en augas ata o de agora nunca navegadas nas que o faro está inestablemente instalado na illa de Puigdemont, cuxa base asenta en sentenzas xudiciais teóricamente inamovibles para o PP e Vox.

Todo se está facer para acadar rachar con esta situación na que, ata o mesmísimo Rei de España deberá sopesar o que fai a súa man dereita para que a esquerda non bloquee o movemento. Porque todo é novo desta volta. Nengún movemento anterior serve de precedente e todos os actores, por máis rodados que estean, agardan espectantes a orde de “rodamos”.

Sí, todo está por facer. Mesmo nas redaccións dos xornais, radios, televisións, revistas, onde nen sequera se pode adiantar un titular dado que o mesmo pode resultar fallido. Todo son especulacións, cálculos aproximados. Un constante “e se….?” que non leva a ningures.

É o resultado dunha perversa xogada electoral na que o PNV volve dar as costas a un PP perdido no mar de NONS e un PSOE que xoga as súas bazas para ver “se deste xeito vai”.

Endemoñada situación para a que non se atopa unha saída doada debido a que son moitos os que teñen  que deixar pelos na gateira. Polos menos a priori.

Deitado a carón da lareira, o gato peitéase o bigote, como se nada fose con el. Pero vai, vai, vaia se vai, cidadán.

O 17 saberemos máis. 

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.