O Concello de Dodro organiza unha Excursión ao Aquapark de Cerceda

09 Agosto 2023

O Concello de Dodro organiza unha Excursión ao Aquapark de Cerceda para o venres, 18 de agosto. O horario da saída será ás 11.00 h, da praza do Concello, e o do regreso, (aproximado) ás 20.00 h, ao mesmo lugar de orixe.

As prazas son limitadas e cubriranse por “rigorosa orde de inscrición”.

O xantar e o prezo das entradas correrán da conta das/os participantes.

O prezo da entrada por persoa é:

1. para menores de 0-4 anos de idade – 1 €

2. para menores de 5-12 anos de idade- 7 €…

3. prezo xeral, para maiores de 13 anos- 10 €

Os/as menores de idade deberán ir acompañados/as por unha persoa adulta responsábel. As persoas que desexen participar na actividade deben inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Dodro ou na sede electrónica municipal entre os días 9 e 14 de agosto.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.