O domingo 20 de agosto, ás 13.00 horas, a igrexa de Santa María de Dodro e o Campo do Bosque van acoller unha nova edición da Festa do San Campio. Entre as actividades previstas atópase un concerto da Banda de Música Municipal de Padrón. Trátase dunha actuación abeirada ao Programa Rede Cultural 2023 da Deputación da Coruña.




