
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, o 241, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución en todo o país, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á innovación galega que non cesa non verán. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Pont-Up Store celebra o seu décimo aniversario con mancheas de innovación
– O CITIC impulsa unha tecnoloxía para loitar contra a contaminación lumínica
– Até 15 referentes web da nosa terra colaboran na 3ª edición da campaña #IgualdadeFollowers
– O 112 Galicia xestionou dende 2002 até 3,9 millóns de incidencias
– A Deputación de Lugo fará avanzar a transformación de medio cento de concellos
– Víctor Salgado achéganos un artigo de opinión sobre os dereitos de autor na IA
– A porcentaxe de fogares galegos con Internet volveu medrar en 2022 até chegar ao 92,7%
– A Xunta incrementará os servizos da plataforma de eAdministración xudicial
– A Tecnópole presenta a súa folla de ruta para os vindeiros anos
– O movemento maker espallarase no vindeiro curso polos barrios de Santiago
– Os sectores galegos da acuicultura e dos produtos do mar dan un chimpo transformador
– A UVigo avaliará os beneficios de achegar realidade virtual a pacientes con párkinson
– O CPETIG vaise de xira polos concellos galegos coa inicaitiva Girl STEAM
– CiTIUS, RAG e Política Lingüística traballan para afianzar a presenxa do galego nas TIC
– O CPEIG e AMTEGA organizan esta tempada obradoiros disruptivos nas Aulas CeMIT
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos ao profesor Enrique Dans




