“A carabela portuguesa. un problema nas praias do Cantábrico”. Antón Luaces

11 Agosto 2023

Mudan do Atlántico ao Cantábrico. E praias de Ferrol, Malpica, Carballo, O Grove ou Vigo, entre outras de Galicia son “destinos turísticos” para elas, as carabelas portuguesas, que chegan a bó número de praias destes municipios, nas que xa “picaron” a varias persoas, motivo polo que desde os concellos está a pedirse que se estremen as precaucións drante estes días.

Algúns areais marcan territorio advertindo con bandeiras amarelas aos bañistas para que, aínda que este animal mariño chegase morto, a atención manteña ao bañista nunha distancia de seguridade con ela e se dea aviso ás autoridades da súa presenza.

Os biólogos apuntan que a causa principal desta incómoda presenza da carabela portuguesa  pode ser a suba da temperatura do mar.

Pablo Covelo, biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) explica no boletín informativo Gciencia que, canto ás carabelas, “é normal atopalas na beira do mar con só o frotador. Pero están aparecendo vivas  e están a piovar. É algo perigoso porque pode causarlle a morte a un cativo”.

En 2021 varias praias de Galicia tiveron que ser clausuradas pola aparición destes organismos coloniais con apariencia de medusa (augamar) pero “debíase aos temporais anteriores, o mar os arrastraban e estaban mortos”.

O que está a ocorrer agora é algo inédito. En Euskadi están aparecendo centos delas: máis de 200 desde mediados de xuño.

O biólogo do CEMMA afirma que o único que pode explicar que nestes momentos haxa tantos son as augas cálidas, se ben apunta a outros factores que poderían estar a influir: a contaminación orgánica e a redución do número dos seus depredadores.

De momento a presenza de carabelas en Galicia non é preocupante. Cada concello afectado pola chegada destes organismos deberá valorar a situación e tomar as medidas oportunas, como poñer bandeiras  e carteis informativos, sinalar os areais e mesmo pechar as praias.

A carabela é un organismo colonial cuxos indivíduos se especializan para manter viva a colonia. É unha agrupación de hidroides que se dividen o traballo: o neumatóforo (parte que frota), os gastrozoides (dixestión), dactilozoides (encargados da defensa da colonia e da captura de presas) e os que se ocupan da reprodución. Do seu corpo colgan numerosos tentáculos cos que atrapan presas. Están provistas de cápsulas urticantes que poden paralizar aun peixe grande e afectar a un ser humano.

O síntoma máis común é o proído (picor). Non se debe tocar a zona afectada porque as carabelas, ao picar, deixan unhas agullas e cando as rascas, disparan. Non se pode empregar auga doce e debe acudirse de inmediato aos socorristas ou emerxencias para estraer estas agullas con pinzas. Sempre con auga de mar. Os efectos desaparecerán nunhas poucas horas .  É importante non tocar as carabelas despois de que as retiren, porque o seu veleno permanece activo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.