O Concello de Ribeira destina 150.000 euros en subvencións para entidades deportivas

11 Agosto 2023

O Concello de Ribeira, a través da xunta de Goberno local, aprobou o reparto 150.000 euros en subvencións para clubs deportivos. Trátase dunha partida de axudas que, segundo sinalaron os membros do actual Executivo, estaba paralizada dende o ano 2022 polo anterior goberno local.

Os beneficiarios destas axudas son O Club Cidade de Ribeira, Club Natural Sport, Clube de Remo Náutico, Club S.D Xuventú Aguiño, Clube Natación Ribeira, Clube Atlético Oleiros, Carreira F.C, Clube Náutico Deportivo de Ribeira, Clube Kempo Barbanza, Clube Escola de Boxeo El Canario, Clube Voleivol Ribeira, Clube Patinaxe Ribeira, Clube Padel Ribeira, Clube Kenpo Ribeira, Clube Atletismo Ribeira, Clube Baloncesto Barbanza, Clube Deportivo As Miñoteiras, Clube Baloncesto Ribeira, Clube Deportivo Artes, Clube Palmeira, Clube AMPA O Grupo, Clube Windsurf Catro Ventos, Clube Peña Ciclista Tahume.

“Axilizar o pago das subvencións municipais é crucial para garantir unha distribución eficiente dos fondos destinados a proxectos de interese comunitario”, afirmou o alcalde Luís Pérez. “Dende o Goberno municipal seguimos a traballar para axilizar tamén o pagamento das subvencións ás ANPAS”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.