A xira de emprendemento e tecnoloxías da Fundación La Caixa fai unha parada en Noia

14 Agosto 2023

Esta semana, días 17 e 18 de agosto (xoves e venres) o autobús de Lab Emprende fará unha parada na vila de Noia. Trátase dun espazo innovador ao servizo da educación e a formación da mocidade no ámbito do emprendemento, impulsado a través das máis avanzadas tecnoloxías transformadoras. A través desta xira, as persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora.

A xira LabEmprende, unha iniciativa de Fundación LaCaixa, achega información a través do número de teléfono 900 101 493 e a conta info@labemprende.com.

LabEmprende é un espazo innovador ao servizo da educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que viaxa por todo o territorio galego e estatal, após a experiencia e o éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.

As persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.

A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.

O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.