O Faro de Corrubedo serve de escenario aos dous últimos concertos do Festival Mar Aberto, Concertos na Fin da Terra

14 Agosto 2023

O Faro de Corrubedo, en Ribeira, será o lugar escollido para a despedida da edición 2023 do ciclo de concertos en espazos singulares promovido por Turismo de Galicia e a Fundación LaCaixa. Falamos do Festival Mar Aberto, Concertos na fin do Mundo, que chega ao seu remate esta fin de semana.

O sábado, 19 a proposta estará protagonizada por The Gift, un dos máximos expoñentes do panorama da música independente portuguesa, e por Sheila Patricia, cantautora galega que nos achegará as súa música orixinal e chea de forza, influenciada polo jazz, o fado ou o folckore.

Xa o domingo, a quenda será para Blanca Paloma que, tralo seu paso por Eurovisión, é unha das artistas españolas con maior proxección internacional; e de Allova, un orixinal proxecto vangardista liderado por a súa vocal de orixe rusa que mestura sons electrónicos con instrumentos e voz. Rapariga Dj e Senhora DJ serán as encargadas de pechar os concertos que, polo de agora, mantense en datas e localización establecidas, sempre que as condicións meteorolóxicas permitan a súa celebración. Estes concertos xa tiveran que ser adiados no mes de xullo por mor das condicións climatolóxicas adversas.

Compre lembrar que a apertura de portas será ás 19.30h e os concertos comezarán a partires das 20.15h. Aínda quedan entradas polo que aqueles interesados poden reservalas en www.festivalmaraberto.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.