Este luns 14 e o mércores 16 de agosto o autobús LabEmprende da Fundación La Caixa estará operativo no porto de Ribeira mostrando o camiño do emprendemento e a innovación tecnolóxica á mocidade do concello.

A xira LabEmprende achega un espazo innovador ao servizo da educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que viaxa por todo o territorio galego e estatal, após a experiencia e o éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.
As persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.
A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.
O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.



