O vindeiro xoves 17 de Agosto o BNG de Boiro vai conmemorar o Día da Galiza Mártir cunha homenaxe a Ricardo Vilas Quintás,, veciño de Cespón asasinado polos golpistas do 1936 nos muíños da Arribada despois de sufrir a delación por parte dos seus propios veciños.
O acto desenvolverase na rotonda de Cimadevila a partires das 20:30h, participarán no mesmo, cargos institucionais e orgánicos do BNG de Boiro así como Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira.



