“Morre o pontecesurano Constantino Méndez, impulsor da S. Social e o ISM” – Antón Luaces

16 Agosto 2023

Constantino (Tino) Méndez Martínez, galego de Pontecesures, onde naceu en 1950, faleceu en Madrid o domingo pola tarde. 

Impulsor da moderna Seguridade Social, Tino Méndez desenvolveu na Coruña o cargo de director provincial do Instituto Social da Mariña (ISM), de onde pasou a desempeñar a dirección xeral deste Instituto (entre 1983 e 1987) e posteriormente a do Instituto Nacional da Seguridade Social (1987-1994). Entre 1993 e 1996 foi deputado no Congreso por Pontevedra e, en 1994, nomeado secretario de Estado para a Administracicón Pública no derradeiro Goberno de Felipe  González.

En 2004, coa chegada ao poder de José Luis Rodríguez Zapatero, foi nomeado delegado do Goberno na Comunidade de Madrid, cargo do que dimitiu a mediados de 2006 após a condena a dous axentes de policía polo chamado “caso Bono”. Ese mesmo ano foi nomeado presidente da Sociedad Estatal de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios, posto que desempeñó ata 2008. Na segunda lexislatura de Zapatero foi designado número dous de Defensa ás ordes de Carmen Chacón.

Pai de Xiana Méndez, secretaria de Estado de Comercio, Constantino Méndez -tras o éxito da moción de censura de Pedro Sánchez contra Mariano Rajoy a mediados de 2018- a piques estivo de ser ministro de Defensa. O seu nome estaba na mesa do novo presidente do Goberno a tarde na que se decidiron as carteiras. Sen embargo, a negativa de Margarita Robles a dirixir Interior e pasar a Defensa, Méndez quedou fóra do Executivo.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.