Elaborada unha guía de viaxe cos puntos de maior interese e información turística sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

16 Agosto 2023

A Xunta colabora na elaboración e promoción da guía de viaxe Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Un mar de ciencia, un mar de illas, unha publicación que ten como obxectivo presentar de xeito atractivo e accesible os lugares de interese natural de cada un dos catro arquipélagos que compoñen o parque: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

O manual permitirá ás persoas interesadas descubrir os lugares máis emblemáticos de cada zona, comprender a historia e etnografía do territorio e coñecer a flora e a fauna que habita neles. Así, os visitantes poderán explorar as praias, miradoiros, enclaves naturais e puntos de interese histórico e cultural do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a través dun relato que vai máis alá de mostrar o seu valor paisaxístico.

Ademais, a publicación conta con mapas detallados de cada unha das rutas e información esencial para preparar a viaxe a cada unha das illas: como chegar, onde pasar a noite ou onde comer. Tamén inclúe indicacións sobre como percorrelas sen impactar nos ecosistemas protexidos.

Esta guía, que recibiu unha das axudas da Xunta para iniciativas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional financiadas con fondos Next Generation, conta coa colaboración do medio de divulgación científica Gciencia, que difundirá contido relacionado co parque no micrositio Illas Atlánticas habilitado no seu portal. Ademais, neste mesmo espazo poñeranse ao dispor dos lectores as diferentes entregas da guía. Este manual, na súa totalidade, será subido proximamente en formato PDF á páxina do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.