Máis de 4.500 quilos de residuos recollidos no Parque Natural de Corrubedo

16 Agosto 2023

Os participantes do voluntariado ambiental organizado polo Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal, recolleron máis de 4.500 kg de residuos de plástico durante a duración do programa. Tamén se limparon uns 12 metros cúbicos de restos de tala.
A actividade, deseñada para 15 mozos e mozas de 18 a 30 anos, ten como obxectivo asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos valores ambientais e do patrimonio natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.

Os traballos realizados consistiron en labores de mantemento do espazo natural como a reconstrución e consolidación de sendeiros, eliminación de especies invasoras, vixilancia de incendios, retirada de plásticos e microplásticos; e labores de información e sensibilización do visitante.
“A recollida de residuos nas praias é unha actividade crucial para preservar a beleza natural dos nosos contornos costeiros e garantir a saúde dos ecosistemas mariños.” explica a concelleira de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal; Antía Alberte.


Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.