O Día da Galiza Mártir en Ribeira lembrou a Bóveda e a Lustres Rivas

17 Agosto 2023

No acto celebrado en Ribeira para conmemorar o Día da Galiza Mártir, o Bloque reafirmou o seu compromiso con todas as vítimas da ditadura. “Mantemos viva a súa memoria por xustiza e dignidade democrática” argumentou o responsable local Rafael Pazos.

O acto principiou na rúa Alexandre Bóveda e continuou na Manuel Lustres Rivas onde houbo discursos da militante Xana Ledo e do alcalde Luís Pérez Barral.

Xana Ledo lembrou que o 17 de agosto foi instaurado hai 82 anos pola Irmandade Galega de Bos Aires como o Día da Galiza Mártir, data na que honramos á tódalas vítimas e represaliados da Guerra Civil.
Pola súa banda o rexedor ribeirense, defendeu que “hoxe é un día no que os galegos e as galegas lembramos ás vítimas desta tráxica etapa da historia. É un recordatorio da importancia de poñer en valor a diversidade cultural e identitaria de Galiza, pero tamén unha oportunidade para reflexionarmos sobre o noso pasado, honrar a memoria de quen o sufriu e de todos aqueles que, como Alexandre Bóveda ou Manuel Lustres Rivas, son símbolo da loita pola autonomía e a xustiza social en Galiza”.

Os nacionalistas consideran preciso lembrar os acontecementos traumáticos do pasado e recoñecer o sufrimento dos que loitaron pola xustiza, a liberdade e os dereitos humanos. “A memoria histórica promove a comprensión das consecuencias da intolerancia, o totalitarismo e a violencia política. Aprender dos erros do pasado é fundamental para construír unha sociedade democrática e tolerante pero sobre todo para que eses tempos de barbarie non volvan producirse”.

Actos como este son fundamentais nunha sociedade democrática para construír unha sociedade cohesionada e consciente da súa historia” finalizou Pérez Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.