A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha o programa de Coidados Porta a Porta para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto á poboación maior de 55 anos. As veciñas e os veciños de Porto do Son contarán con este servizo do 13 ao 15 de setembro na fachada marítima sonense.
Os servizos que se prestarán son: estimulación a memoria cognitiva e funcional (promoción de hábitos de vida saudábeis e de envellecemento activo), podoloxía (corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas) e audioloxía (exploración do oído, prevención da perda auditiva).
Para gozar destes servizos deben concertar cita previa a través dos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992. Tamén a través da conta de correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal e da Área de Servizos Sociais de Porto do Son (981 867 414).




