A Carpa dos Soños convértese no núcleo das actividades do Nadal boirense

20 Decembro 2019

A boirense praza do Concello albergará durante este Nadal a Carpa dos Soños, onde se desenvolverán actividades para os máis cativos coa ludoteca e numerosos espectáculos e actuacións. A inauguración deste espazo celebrarase o sábado 21, a partir das 18.00 horas, cunha actuación do combo de guitarra da Escola de Música de Boiro.

A referida carpa será escenario durante esta época dunha serie de citas gratuítas destinadas a tódolos públicos. Así, Cociñando Música chega o luns 23, ás 19.15 horas, da man de Capitán Garfo; o xoves 26, á mesma hora, será a quenda do Apalpador itinerante e contacontos; a animación na rúa correrá a cargo de Fantasía o venres 27, a partir das 18.00 horas; e Circo Chosco traerá Riscando o ceo o sábado 28, ás 19.15 horas.

Recentemente estreado o 2020, a inicios do mes de xaneiro, Superhate de Patty Diphusa recala o xoves 2, ás 19.15 horas; Paco Nogueiras desenvolverá o Radio Bulebule o venres 3, á mesma hora; e o sábado 4 a festa vén con Cé Orquestra, ás 19.15 horas.

No que respecta á ludoteca, esta arrancará o 23 de decembro, promovida polo Concello xunto coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE). Para participar é preciso presentar un ou varios tíckets de compra por un importe superior a 20 euros, permanecendo aberta os días 23, 24, 26, 27, 28 e 30 de decembro, así como o 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.