O Concello de Dodro estende a setembro a súa escola estival de conciliación

23 Agosto 2023

O Concello de Dodro vai estrear este ano un novo servizo para facilitar a actividade laboral das nais e os pais nesta recta final do verán. En concreto, convocou por primeira vez o Concilia Setembro, para “que as familias teñan a oportunidade de agardar o comezo do curso coa tranquilidade que se merecen”, sinalaron dende o Concello. A iniciativa complementa as actividades e o servizo da Escola de Verán-2023, composta de 4 quendas e 60 prazas de xeito completamente de balde para as familias. Este programa esténdese agora cunha quenda extra, a do Concilia Setembro, tamén sen custo. Este novos servizo cubrirá os días comprendidos entre o 1 e o 8 de setembro. Focalizará a súa actividade no Pavillón Polideportivo Municipal.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.