“De candorcas, lemes, ataques e interaccións: o verán” – Antón Luaces

24 Agosto 2023

Xa en primavera se anunciaban en augas Ibéricas e por cuarto ano consecutivo. O estreito de Xibraltar, augas de Sanxenxo, Ribeira, ría de Ferrol, etc.,  son escenarios nos que as candorcas xogan cos lemes das embarcacións deportivas ata partilos (algo que aos propietarios non lles acae moi ben) e os medios de comunicación dicimos -porque así o apuntan os coñecedores da vida, obra e milagres destes animais mariños- que interactúan. Destas interaccións saen arroutadas absurdas protagonizadas por “navegantes” que se consideran con dereito a lles devolver ás candorcas a súa propia medicina: disparos desde a embarcación -supostamente con armas de aire comprimido- sobre as candorcas ibéricas como resposta aos seus “xogos”, sen ter en conta que son  animais protexidos.

Desde vai catro anos son frecuentes este tipo de interaccións, en moitos casos con rotura de lemes e algúns (poucos) afundimentos. O avistamento destes grandes animais prodúcese cando as candorcas navegan a rumbo cos veleiros, achegándose ao barco. É neste momento cando, supostamente, o movemento do timón ou leme chama a atención da candorca e comeza esa interacción que os científicos non se explican porque é, din, algo único no mundo desta especie animal.

Un comportamento inducido, no senso de que unha primeira candorca estabeleceu contacto cunha embarcación e, posteriormente, outras seguiron as “indicacións” da mestra, repetindo esa especie de moda que na actualidade se reproduce noutras partes dos mares do mundo por exemplares xuvenís e sempre,  e diría que exclusivamente, con veleiros.

Outra versión sobre tal comportamento fala de “contactos traumáticos” de un exemplar adulto cun barco, o que se formula como un intento,  senón de vinganza, si de repetir a experiencia tanto por parte dese mesmo exemplar ou doutros que aprenderon do que viron ou se transmitiron.

Tamén se baralla a posibilidade de que as embarcacións coas que interaccionan as candorcas  leven caladas liñas iscadas de pesca que atraen aos animais, non por cuestións de ataques propiamente ditos.

Sexa como for, é indubidable que os propietarios das embarcacións non navegan con tranquilidade e temen o “ataque” (eles non falan de interaccións) das que moitos e por mor das lendas e o cine consideran “orcas (candorcas) asasinas” sobre as que se expresan en redes sociais relatando experiencias e sistemas para espantar aos cetáceos que van  desde pinchalas con bicheiros ou outros obxectos ata o uso de material pirotécnico e o vertido sobre elas de gasóleo, cando non falan xa directamente de exterminalas “antes de que pase algo irreparable”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.