Aprobación definitiva do proxecto de construción da rede de saneamento e da nova depuradora de Lousame

24 Agosto 2023

Lousame celebrou na noite deste 23 de agosto un pleno extraordinario para aprobar con carácter definitivo o proxecto construtivo de mellora da rede de saneamento e da nova depuradora de Lousame, cun orzamento base de 951.992,23 euros. Segundo fixo saber a rexedora, Teresa Villaverde, esta actuación dará servizo aos núcleos de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa, así como a instalacións como a piscina e o Polideportivo Municipal, e especialmente ao colexio Cernadas de Castro “onde temos todos os días a catrocentos nenos e nenas comendo”, puntualizou a alcaldesa, quen confirmou que despois procederase á conexión entre os distintos núcleos.

Nesta sesión plenaria extraordinaria tamén foi acordada a aceptación dos terreos cedidos polas Comunicades de Montes e de Veciños en Man Común de Bargo e Burzó así como a súa posta a disposición da Xunta de Galicia para a execución das infraestruturas de soporte ás redes de comunicación móbil precisas para mellorar a cobertura no municipio.

Así mesmo, o pleno tamén aprobou a solicitude á Deputación da Coruña da segunda fase do POS+Adicional 2/2023, orzamentado en preto de 210.000 euros. “Queremos envialo axiña para ver se así podemos recibir a autorización no mes de setembro ou outubro para poder executar as obras”, explicou Villaverde Pais. As tres propostas foron aprobadas de forma unánime polos tres grupos municipais (PP, PSOE e BNG).

Festivos locais

Finalmente, na sesión ratificouse a proposta da alcaldía dos festivos locais do próximo ano 2024, que serán as festas de San Marcos e as de San Roquiño. A alcaldesa defendeu a importancia de velar polas festas de maior interese ou tradición para a veciñanza e as empresas localizadas no concello. PP e BNG votaron a favor da iniciativa, mentres que o PSOE decidiu absterse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.