
Cheguéi a pensar que sí, que aínda quedaba no interior de Rubiales unha miguiña de boahomía e que, tal e como dixera o xoves, ía presentar na asemblea da Federación Española de Fútbol dop venres a renuncia ao cargo de presidente. Pero Luis Rubiales metéuse un gol en propia meta e dixo aos asembleistas que o que pasara na final do Campionato Mundial de Fútbol Feminino fora cousa non premeditada, algo que saiu así: consentida e de mútuo acordo. Un pico, porque non tiñan pá. E a asemblea de ben pagos, con aplausos, incitou aos “de arriba” a que animaran, meu pobriño, ao presidente da RFEF a continuar no cargo. Máxime cando el mesmo confirmara que un máis ou menos alto cargo da mesma federación ía pasar a cobrar anualmente medio millón de euros libres de pò e palla. E os asambleistas, olbviamente, non quixeron escoitar outra cousa: a gasolina incrementou novamente o seu prezo, e o anuncio de medio millón de euros per cápita non se da todos os días. E aplaudiron, vaia se aplaudiron. Máis, moito máis, ca no grotesco xesto de mover o instrumento da entreperna -cousa que debe tocar ben, moi ben- sen importarlle que estaba dediante da raíña e a infanta de España e milleiros de persoas que non acodiran al estadio de Sidney para ver como o señor Rubiales abaneaba o palán. Outros moitos millóns de tranquilos cidadáns seguiron a peripecia palanqueira por centos de canles de televisión. O que importaba é que se vira que a verga rubialeira facía e desfacía ao seu antollo.
As futbolistas españolas, cunha única voz, desmentiron o venres pola tarde canto na asemblea da mañá dixera o presidente sobre o consentimento de Jennifer Hermoso para o “pico” e o achegamento corporal previo que Rubiales mencionara na asemblea. E España e o mundo -coa excepción do adestrador Luis Enrique e o asembleistas ¿pagados? de pola mañá e medio quiñón anual- contemplamos na televisión e escoitamos na radio a desmesura dun home que mentou as súas fillas para desmontar as críticas que se gañara a pulso pensando que, unha vez mais, os estadios catarís non tiñan váteres para as mulleres ata que el levou aló a final da Copa de Fútbol de España.
Coa de area que hai nos emiratos árabes para peneirar e temo aquí, na RFEF, a Luisiño o Penereiro.



