O autobús de Coidados Porta a Porta ofrecerá aos maiores de Lousame, en setembro, servizos gratis de podoloxía, audioloxía e memoria

29 Agosto 2023

A praza do Concello de Lousame acollerá do 18 ao 20 de setembro o autobús do programa Coidados Porta a Porta, unha iniciativa da Xunta de Galicia para ofrecer servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores do rural. Para poder participar, só é preciso ter máis de 55 anos e solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.

Este programa permitirá que as persoas maiores de Lousame poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para a prevención de enfermidades neurodexenerativas coma o Alzhéimer.

Esta será a terceira ocasión na que o autobús do programa Coidados Porta a Porta visite Lousame, cunha gran acollida por parte da veciñanza. A iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Política Social para levar servizos asistenciais ás persoas do rural para a prevención da dependencia, conta co financiamento da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...