A pasada fin de semana (26 e 27 de agosto) celebrouse nas Pontes de García Rodríguez a regata clasificatoria de Galicia para o Campionato de España de Optimist. Contouse cunha participación de 125 embarcacións. Cómpre destacar os bos resultados obtidos polas/os navegantes da Escola de Vela Ramiro Carregal Rey do Club Náutico Deportivo de Ribeira nesta competición cos seguintes clasificados:
– Daniel Iglesias Sanlés, primeiro clasificado en Sub 13 e Sub 16
– Carolina Cavavid Ribeiro, primeiro clasificado feminino en Clase Prata
– Enzo Ferrón, sétimo na xeral
“Foron moi bos resultados para este club, que segue a apostar polos deportes náuticos e a vela para todas as persoas interesadas nestas disciplinas, promovéndoas e apoiándoas”, sinalaron dende a directiva da entidade ribeirense.




