Rianxo activa en outubro un centro terapéutico para persoas maiores con deterioro cognitivo e demencias

31 Agosto 2023

Rianxo contará a partir de outubro cun centro terapéutico para a atención de persoas maiores con deterioro cognitivo ou con demencias neurodexenerativas, como alzhéimer.

O obxectivo deste novo servizo, impulsado grazas á colaboración entre o Concello de Rianxo e a Asociación AGADEAR, é adiar o avance da enfermidade, traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo, así como mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais. As actividades realizaranse no baixo do Centro Social Liceo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.