As actividades da Rede de Dinamización Lingüística chegan á Pobra e á Ribeira

19 Decembro 2019

A Rede de Dinamización Lingüística vai rematar o ano cun completo programa de actividades destinado a celebrarmos as festas en galego. Este ano, chegará a 31 concellos da Rede de Dinamización Lingüística que se completarán con recursos para celebrar o Nadal en galego. Na axenda inclúese (entre outras cousas) a representación de O vixilante dos soños, unha obra de teatro a cargo do grupo Ubú que xira arredor dun personaxe chamado Sonólicus que dende pequeno ten a teima de durmir ben apegado á xanela e o último que ve antes de pechar os ollos é a faciana redonda e resplandecente da lúa. Chegará, entre outros, ao concello de Pobra do Caramiñal (Teatro Elma) o día 7 de xaneiro ás 18.00 horas.

Outra das actividades da Rede galega de Dinamización de Lingüística son os obradoiros que dirixe a psicóloga Cándida Rodríguez Ferro sobre a importancia das avoas e os avós como “transmisores da lingua e a cultura galegas”. A actividades está dirixida tanto aos maiores coma aos seus fillos e netos. O proxecto concíbese como un instrumento para a socialización entre novos e anciáns e fai posible o achegamento entre diferentes formas de entender a realidade social e lingüística. Os obradoiros visitarán unha decena de concellos, incluído o de Ribeira (o día 21 de decembro, no Centro Cultural Lustres Rivas ás 10.30 horas).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.