Os veciños de Laíño organizan este sábado a Xuntanza Muiñeira para a limpeza do entorno dos Muíños da Arregañada Teaio

28 Xullo 2023
Chamada dos veciños de Laíño que organizan este sábado a Xuntanza Muiñeira para a limpeza do entorno dos Muíños da Arregañada Teaio. De sempre foron os veciños os que se xuntaban para axudarse uns a outros nos traballos comunais, nas restebas, nas mallas, nas limpezas dos regos que pasaban polas aldeas antes de que o formigón acabara con todo e nas canles que subministraban a auga para todos os muíños da aldea como no Rego de Teaio na Arregañada. Agora as aldeas van quedando sen mans que as poidan traballar, os muíños xa non teñen a función pola que foron construídos e é necesario tomar a iniciativa para non perder os elementos patrimoniais ligados á auga. E faino a Asociación de veciños San Xoán de Laiño convocando unha Xuntanza Muíñeira, na que se pide a colaboración de todos os veciños da parroquia para un traballo comunal de recuperación do noso patrimonio cultural porque cada vello que morreu na aldea e que traballou nestes muíños, debaixo deles dormen as cinzas de moitos outros que os precederon e que estou seguro que non querían ver o estado actual destes elementos que tanto traballo lles custou levantar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.