Catro dedicacións exclusivas e unha parcial e dous postos de confianza na nova Corporación de Boiro

28 Xullo 2023

O Concello de Boiro celebrou este xoves 27 de xullo a sesión plenaria organizativa da Corporación para a lexislatura 2023-2027, que contará con catro dedicacións exclusivas e unha parcial e dous postos de confianza.

As retribucións serán de 58.079,98 euros para o alcalde; 42.976,22 euros para o primeiro tenente de alcalde; 39.695,46 euros para as outras dúas dedicacións e 19.847,73 euros para a dedicación parcial.

En canto ás indemnizacións dos concelleiros/as por asistencia a órganos colexiados mantense a proposta da anterior lexislatura e serán de 100 euros por pleno, 50 euros por comisión informativa, 50 euros por xunta de Goberno local e 600 euros por comisión de coordinación. Os plenos celébranse, con carácter xeral o terceiro xoves de cada mes; as comisións informativas o segundo venres do mes; as xuntas de Goberno terán unha periodicidade semanal e as comisións de coordinación mensual.

O pleno aprobou tamén as indemnizacións dos grupos políticos que contarán cunha retribución mensual de 100 euros por grupo e 50 euros por cada concelleiro integrante de cada grupo.

O goberno local estará estruturado en 9 áreas, que se organizarán do seguinte xeito:

Alcaldía (Relacións Institucionais, Seguridade e Emerxencias e Promoción Económica e Industria): José Ramón Romero García (PSOE).

Urbanismo e Facenda: Luís Ruiz Laíño (PSOE).

Cultura, Turismo e Persoal: María Outeiral Campos (PSOE).

Deportes e Servizos: Marcos Fajardo Outeiral (PSOE).

Medio Ambiente e Mar: Olga González Blanco (PSOE).

Política Social e Administración Xeral: Raúl Romero Treus (PSOE).

Comercio, Formación e Emprego: Roberto Lojo García (PSOE).

Ensino: Carmen Silva Rodríguez (PSOE).

Medio Rural: Francisco Bermúdez Alonso (PSOE).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.