O venres, unha fronte atlántica con pouco movemento entrará polo noroeste e irá atravesando moi lentamente Galicia, deixando ceo nubrado ou moi nubrado e chuvias, máis frecuentes na metade oeste e menos probables canto máis ao sueste da Comunidade. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos e as máximas descenderán de xeito moderado, agás no norte de Lugo, onde ascenderán. O vento soprará do sur e suroeste, frouxo no interior e moderado no litoral.

meteogalicia
O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste á mañá e á noite e oeste á tarde, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:11 | 2.8 m |
| Baixamar | 06:31 | 1.4 m |
| Preamar | 12:55 | 2.9 m |
| Baixamar | 19:07 | 1.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:00 | 2.8 m |
| Baixamar | 06:21 | 1.4 m |
| Preamar | 12:45 | 2.9 m |
| Baixamar | 19:00 | 1.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:06 | 2.8 m |
| Baixamar | 06:28 | 1.4 m |
| Preamar | 12:52 | 2.9 m |
| Baixamar | 19:05 | 1.4 m |



